Participa na concentración en apoio á loita das traballadoras do ferrocarril, que terá lugar o vindeiro 20 de decembro ás 19:45 h nos andéns da estación de San Cristovo da Coruña.
Esta mañá tivo lugar unha reunión dunha delegación da Plataforma co Reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, para comentarlle as nosas análises sobre a situación do tren na comarca e exporlle as nosas demandas. Aliás, destacamos a importancia e as potencialidades do comboio para quen fai parte da comunidade universitaria e o prexudiciais que son as últimas medidas do Goberno.
Deixámosvos o link coa nota de imprensa da UdC:
http://www.udc.es/comunicacion/novas/2013/12/nota_prensa_20131204.html#Title
Participa na concentración en apoio á loita das traballadoras do ferrocarril, que terá lugar o vindeiro 4 de decembro ás 19:30 h nos andéns da estación de San Cristovo da Coruña.
O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!
A Plataforma e defensa do tren A Coruña-As Mariñas quere mostrar a súa solidariedade coas traballadoras e traballadores do Sector Ferroviario, na súa loita contra a privatización e supresión dos servizos ferroviarios, polo mantemento e calidade e seguridade do ferrocarril, contra os plans de destrución de emprego e contra a precariedade das condicións laborais.