Concentración da Plataforma o 4 de decembro!

Participa na concentración en apoio á loita das traballadoras do ferrocarril, que terá lugar o vindeiro 4 de decembro ás 19:30 h nos andéns da estación de San Cristovo da Coruña.

cartaz 4 decembro a3

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!

Solidariedade coa loita das traballadoras do sector ferroviario

A Plataforma e defensa do tren A Coruña-As Mariñas quere mostrar a súa solidariedade coas traballadoras e traballadores do Sector Ferroviario, na súa loita contra a privatización e supresión dos servizos ferroviarios, polo mantemento e calidade e seguridade do ferrocarril, contra os plans de destrución de emprego e contra a precariedade das condicións laborais.

Desde a Plataforma rexeitamos os recortes e a súa privatización,  pola súa consecuencia directa na precarización e destrucción de emprego e o deterioro do servizo e a disminución da seguridade nas viaxeiras e viaxeiros.