Vídeos da viaxe reivindicativa a Cambre

O pasado domingo día 23 realizamos unha viaxe reivindicativa entre A Coruña e Cambre, para denunciar a ausencia de frecuencias na liña que une esta cidade con Ferrol, o que supón na práctica a completa inutilización desta infraestrutura pública que debería prestar un servizo básico, necesario, ecolóxico e socialmente rendíbel.

Deixámosvos unhas ligazóns con vídeos desta acción:

Elaborado polas nosas compañeiras do 15M Monte Alto:

Noticias da Sexta na que informan do noso acto (minuto 35:20):
http://www.atresplayer.com/television/noticias/lasexta-noticias/noticias-fin-de-semana/2014/febrero/dia-23-eta-exhibi-armas-verificadores-volvi-llevrselas_2014022300052.html

Viaxe reivindicativa a Cambre!

A Plataforma en defensa do tren da Coruña – As Mariñas vai realizar o domingo 23 de febreiro unha viaxe A Coruña-Cambre para denunciar a ausencia de frecuencias na liña que une A Coruña con Ferrol, o que supón na práctica a completa inutilización desta infraestrutura pública que debería prestar un servizo básico, necesario, ecolóxico e socialmente rendíbel á área metropolitana da Coruña (como o caso de Cambre e Culleredo, concellos polos cales vai transcorrer a viaxe desde A Coruña) e todo o arco ártabro.

A protesta ten como obxectivo concienciar a sociedade sobre a necesidade de defender o tren como servizo público e alertar contra o seu progresivo desmantelamento, que no caso desta liña pensamos que será cercano de non mediar solucións que consideramos viábeis e dependen máis da vontade para facelo que da dispoñibilidade orzamentaria, xa que o custo das melloras necesarias é mínimo se o comparamos co gasto noutras obras faraónicas e improdutivas. Sabemos que o tren público e convencional non está na axenda do goberno, e queremos defender unha infraestura que como cidadáns nos pertence e temos dereito a disfrutar.
Á saída da viaxe partirá ás 11.00 horas da estación da Coruña. Desde as 10.30 representantes da Plataforma estarán na estación de S.Cristovo.
Na estación de Cambre haberá membros da Plataforma dese concello recibindo a comitiva e darase lectura do manifesto da Plataforma nun breve acto.

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!

marcha cambre-01