Este domingo, 27 de outubro, chamamos a participar dunha viaxe reinvindicativa a Betanzos.
Sairemos no tren das 11:00 h, desde a estación de San Cristovo (na Coruña). Tamén podes apañar o tren nas estacións de Elviña, O Burgo, Cambre e Cecebre.
A chegada está prevista para as 11:36 h na estación de Betanzos-Cidade, desde onde nos manifestaremos até a Praza do Campo, onde faremos un acto reivindicativo.
(A volta poderase facer no tren que sae ás 14:50 h de Betanzos)
O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!
Aquí podes ler a voandeira coa que chamamos a participar: folleto betanzos