Acto reivindicativo: proxección de película e debate

A Plataforma en defensa do tren da Coruña – As Mariñas vai realizar o venres 10 de outubro un acto reivindicativo na defensa do tren.

Consistirá nunha viaxe en tren ás 19:30 h, desde a estación de San Cristovo da Coruña. Con parada no Burgo, iremos cara ao edificio de Servizos Múltiples (rúa Ramón Cabanillas 14, Culleredo), onde ás 20:00 h se proxectará a película “A Cuadrilla, de Ken Loach”, cun debate.

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!

IMG-20141006-WA0008

Vídeos da viaxe reivindicativa a Cambre

O pasado domingo día 23 realizamos unha viaxe reivindicativa entre A Coruña e Cambre, para denunciar a ausencia de frecuencias na liña que une esta cidade con Ferrol, o que supón na práctica a completa inutilización desta infraestrutura pública que debería prestar un servizo básico, necesario, ecolóxico e socialmente rendíbel.

Deixámosvos unhas ligazóns con vídeos desta acción:

Elaborado polas nosas compañeiras do 15M Monte Alto:

Noticias da Sexta na que informan do noso acto (minuto 35:20):
http://www.atresplayer.com/television/noticias/lasexta-noticias/noticias-fin-de-semana/2014/febrero/dia-23-eta-exhibi-armas-verificadores-volvi-llevrselas_2014022300052.html

Viaxe reivindicativa a Cambre!

A Plataforma en defensa do tren da Coruña – As Mariñas vai realizar o domingo 23 de febreiro unha viaxe A Coruña-Cambre para denunciar a ausencia de frecuencias na liña que une A Coruña con Ferrol, o que supón na práctica a completa inutilización desta infraestrutura pública que debería prestar un servizo básico, necesario, ecolóxico e socialmente rendíbel á área metropolitana da Coruña (como o caso de Cambre e Culleredo, concellos polos cales vai transcorrer a viaxe desde A Coruña) e todo o arco ártabro.

A protesta ten como obxectivo concienciar a sociedade sobre a necesidade de defender o tren como servizo público e alertar contra o seu progresivo desmantelamento, que no caso desta liña pensamos que será cercano de non mediar solucións que consideramos viábeis e dependen máis da vontade para facelo que da dispoñibilidade orzamentaria, xa que o custo das melloras necesarias é mínimo se o comparamos co gasto noutras obras faraónicas e improdutivas. Sabemos que o tren público e convencional non está na axenda do goberno, e queremos defender unha infraestura que como cidadáns nos pertence e temos dereito a disfrutar.
Á saída da viaxe partirá ás 11.00 horas da estación da Coruña. Desde as 10.30 representantes da Plataforma estarán na estación de S.Cristovo.
Na estación de Cambre haberá membros da Plataforma dese concello recibindo a comitiva e darase lectura do manifesto da Plataforma nun breve acto.

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!

marcha cambre-01

 

Reunión da Plataforma co Reitor da UdC

Esta mañá tivo lugar unha reunión dunha delegación da Plataforma co Reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, para comentarlle as nosas análises sobre a situación do tren na comarca e exporlle as nosas demandas. Aliás, destacamos a importancia e as potencialidades do comboio para quen fai parte da comunidade universitaria e o prexudiciais que son as últimas medidas do Goberno.

Deixámosvos o link coa nota de imprensa da UdC:

http://www.udc.es/comunicacion/novas/2013/12/nota_prensa_20131204.html#Title

Solidariedade coa loita das traballadoras do sector ferroviario

A Plataforma e defensa do tren A Coruña-As Mariñas quere mostrar a súa solidariedade coas traballadoras e traballadores do Sector Ferroviario, na súa loita contra a privatización e supresión dos servizos ferroviarios, polo mantemento e calidade e seguridade do ferrocarril, contra os plans de destrución de emprego e contra a precariedade das condicións laborais.

Desde a Plataforma rexeitamos os recortes e a súa privatización,  pola súa consecuencia directa na precarización e destrucción de emprego e o deterioro do servizo e a disminución da seguridade nas viaxeiras e viaxeiros.

Crónica da viaxe reivindicativa a Betanzos

Na mañá de hoxe celebramos unha viaxe en tren a Betanzos para reivindicarmos un ferrocarril público e social.

Desde a Plataforma, chamamos a partir no tren das 11:00 h desde a estación de San Cristovo e, tras sumarse amig@s da Plataforma nas estacións do Burgo, Cambre e Cecebre, chegamos a Betanzos.

Fomos até a Praza do Campo, onde nos concentramos e dimos leitura ao manifesto, finalizando co Himno Galego.

Con esta viaxe, reivindicamos un ferrocarril de proximidade e rexeitamos o proceso de privatización do goberno no PP. Queremos un ferrocarril público e social!